Inicio
Directo
Podcast
Buscar

radioplayer.org
  1. Inicio
  2. Directo
Configuración

Son Galicia Radio
Música en galego as 24 horas do día
Podcasts relacionados
Todos os podcast | Raizame
Todos os podcast | Raizame
Temporada 1 | Tres peixes voando
Temporada 1 | Tres peixes voando
Todos os podcast | Lume na palleira
Todos os podcast | Lume na palleira
Emisoras relacionadas
Radio Galega
Radio Galega Música
Son Galicia Radio
Radio Picariña
Últimos episodios
Lume na palleira 07-06-2026
Lume na palleira 07-06-2026
Neste programa recibimos a Manoele de Felisa. O cantautor, que xa publicou discos dedicados a escritores como María Mariño ou Neira Vilas, trae desta volta baixo o brazo un libro disco homenaxe a Ramón Otero Pedrayo. No Recuncho da palleta visítanos a organización da Xuntanza Folk Follas de Olivar. Ademais estreamos pezas Estreamos pezas de Folk On Crest, Cantometrics e María Do Ceo.
Lume na palleira 31-05-2026
Lume na palleira 31-05-2026
Estreamos os novos traballos de Manoele de Felisa, Cantometrics, Folk On Crest e Climent Y Ballarín. Os organizadores dos Encontros de Música Tradicional do Mosteiro de Carboeiro preséntannos a edición deste ano e, con Xaime Estévez e diversos convidados, falamos do VIII Abrente Folk. Escoitamos as propostas musicais premiadas, nas categorías de tradicional e folk, nos XIII Premios Martín Códax Da Música, a premiada este ano como Mellor Canción en Galego pola Academia da Música de España e tamén ás finalistas do Certame Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.
Lume na palleira 24-05-2026
Lume na palleira 24-05-2026
Neste programa recibimos a Jenni, Hadri, Alba, Elena e Paula, as pandereteiras do Rivés. Preséntannos o seu primeiro disco, "Contrabando". No Recuncho da Palleta Gustavo Couto fálanos da homenaxe que se lle tributará en Ordes a Manuel Viqueira “O Gaiteiro De Vilaverde”. Ademais escoitamos algunhas novidades: "Que non se faga de día", der De Nionghures con Mondra; "Metal Mollado", das Tanxugueiras con AdeLina; e "KADÖ2", de Mark Dos Santos.
Lume na palleira 17-05-2026
Lume na palleira 17-05-2026
No Día das Letras nós tamén lembramos a Begoña Caamaño escoitando algunhas cancións dedicadas a ela. Soan o "Indómitas" de Uxía, "Sempre Begoña Caamaño" de Acordeireta, e "A canción das letras 2026" de Samuel Soto. Neste programa tamén repasamos os finalistas dos premios Martín Codax da música nos apartados de Folk e Tradicional. No Recuncho da Palleta Ramón Dopiico recorda ao recentemente falecido Marcelino Brey “Marcelino de Muiñeiro” e recibimos a visita de Airiños Do Eume.
Lume na palleira 10-05-2026
Lume na palleira 10-05-2026
O multiinstrumentista Fernando Mosquera preséntanos o novo disco que gravou coa Celtic Band, "Atlantic Connections". No noso "Recucho da palleta" Ramón Dopico fainos a segunda entrega do seu especial dedicado aos tamborileiros. Ademais escoitamos "Mariao", o novo das Pías, e unha das pezas do disco que Uxía lle dedica a Begoña Caamaño.
Lume na palleira 03-05-2026
Lume na palleira 03-05-2026
Conversamos con Daniel Pereira Cristo. O artista de Braga acaba de publicar o disco "Malva globo". Con el escoitamos as pezas deste traballo no que tenta valorizar a música portuguesa tendendo pontes entre diversos estilos e épocas. No Recuncho da Palleta recibimos a Herba Grileira. Ademáis estreamos "Loroño", de Do Rivés; e "Vilardebós", a peza na que Alana colabora con Pasafron
Lume na palleira 26-04-2026
Lume na palleira 26-04-2026
Ofrecemos unha nova escolma musical coas propostas de: Alana, Breo, Cantometrics, Xoán Carlos Rilo, Coanhadeira, Ansuíña, Os Do Fondo Da Barra, Milesios, Os Carunchos, Brúa, Brincadeira, María López, Os Terrible De Donas, De Ninghures, Alejandro Barbosa, Sementeira De Cambre, Bouba, A Gaita De Sarandón, Maquía (Gaiteiros De Godos), Tres Pesos, Airiños De Orbazai e Ailá.
Lume na palleira 19-04-2026
Lume na palleira 19-04-2026
Dúas horas de música do país cos Carecos, Mosquera Celtic Band, Pancho Álvarez, Mondra, Cristian Silva, Abraham Cupeiro, Böj, Faia, Panosedán, Mediarea, Chavellos, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, Budiño, Paulino Da Seara, A Quenlla, Airiños Da Peneda, Ker Cuez, Caamaño&Ameixeiras, Volta E Dalle, Malvela e Treixadura.
Lume na palleira 12-04-2026
Lume na palleira 12-04-2026
Estreamos "Até", o primeiro disco da formación das Pontes Nimbos. Sobre el vainos falar Antía Franco, a voz do grupo, que tamén se encarga de tocar a gaita e a frauta traveseira. Tamén escoitamos primeira peza de As Pías, un quinteto de corda e vento. Carmen Liñeira convídanos á XIX edición da Foliada de Melide e Ramón Dopico lembra os mellores tamborileiros de Galicia.
Lume na palleira 05-04-2026
Lume na palleira 05-04-2026
Felicitamos a Uxía escoitando a peza coa que gañou o Premio aRitmar á mellor música de 2025 en Galiza. Estreamos novo tema de Daniel Pereira Cristo, No Recuncho Da Palleta presentamos a edición deste ano do Memorial Henrique Otero. Ademais soan Os Erdeiros dos Morenos, Comando Curuxás, Fuxan Os Ventos, Leni Pérez & Sekadra, Treixadura, Icía Varela, Maghúa, Acordeireta, Kornoj, Mediarea, Faia, Sheila Patricia e Mel De Meiga.