Inicio
Directo
Podcast
Buscar

radioplayer.org
  1. Inicio
  2. Directo
Configuración

Radio Galega Música
Grandes clásicos da música sen interrupcións
Podcasts relacionados
Todos os podcast | Ondas indies
Todos os podcast | Ondas indies
Temporada 1 | Cara B
Temporada 1 | Cara B
Todos os podcast | Raizame
Todos os podcast | Raizame
Temporada 1 | Tres peixes voando
Temporada 1 | Tres peixes voando
Todos os podcast | A lista negra
Todos os podcast | A lista negra
Todos os podcast | Lume na palleira
Todos os podcast | Lume na palleira
Emisoras relacionadas
Radio Galega
Radio Galega Música
Son Galicia Radio
Radio Picariña
Últimos episodios
Lume na palleira 17-05-2026
Lume na palleira 17-05-2026
No Día das Letras nós tamén lembramos a Begoña Caamaño escoitando algunhas cancións dedicadas a ela. Soan o "Indómitas" de Uxía, "Sempre Begoña Caamaño" de Acordeireta, e "A canción das letras 2026" de Samuel Soto. Neste programa tamén repasamos os finalistas dos premios Martín Codax da música nos apartados de Folk e Tradicional. No Recuncho da Palleta Ramón Dopiico recorda ao recentemente falecido Marcelino Brey “Marcelino de Muiñeiro” e recibimos a visita de Airiños Do Eume.
Unha década de Boyanka Kostova
Unha década de Boyanka Kostova
Conversamos con Chicho e Cibrán, os compoñentes de Boyanka Kostova, que veñen de celebrar cun novo disco 'X¨os seus dez anos de carreira artística xuntos. Paco Lamilla charla con Abraham Boba. O vigués, recoñecido como un dos músicos e letristas máis destacados do indie estatal á fronte de León Benavente, leva ao escenario o seu universo literario máis persoal nunha representación que se basa no libro homónimo publicado por Arrebato Libros, “163 centímetros”. Neste programa estreamos en exclusiva “Dame un descanso”, de Javier Lago, e escoitamos o novomos o novo de De Ninghures con Möndra, “Que se nos faga de día”, e de Galician Army con mariagrep, “GARLIN”.
Lume na palleira 10-05-2026
Lume na palleira 10-05-2026
O multiinstrumentista Fernando Mosquera preséntanos o novo disco que gravou coa Celtic Band, "Atlantic Connections". No noso "Recucho da palleta" Ramón Dopico fainos a segunda entrega do seu especial dedicado aos tamborileiros. Ademais escoitamos "Mariao", o novo das Pías, e unha das pezas do disco que Uxía lle dedica a Begoña Caamaño.
Medramos con Abril
Medramos con Abril
Neste capítulo de Ondas Indies temos como convidadas as compoñentes do dúo Abril, Marina Carpente e Claudia Abril, que veñen de estrear o seu primeiro disco de estudo, “Medrar”. Falamos con elas do xeito en que revisan a música tradicional con violín, voz e percusión para darlle un matiz máis contemporáneo. No Ulo Indie estivemos no concerto de Ferris Wheel Catastrophe en O Adro de Cangas de Morrazo. Como novidades musicais escoitamos “Familia S.L.” de Carlangas; “Lodos”, de Fillas de Cassandra; “San Xoán”, de Néboa; e “Non me culpes”, de LG1DO con 9LOURO.
Lume na palleira 03-05-2026
Lume na palleira 03-05-2026
Conversamos con Daniel Pereira Cristo. O artista de Braga acaba de publicar o disco "Malva globo". Con el escoitamos as pezas deste traballo no que tenta valorizar a música portuguesa tendendo pontes entre diversos estilos e épocas. No Recuncho da Palleta recibimos a Herba Grileira. Ademáis estreamos "Loroño", de Do Rivés; e "Vilardebós", a peza na que Alana colabora con Pasafron
Aprendendo co 'saber' de Alana
Aprendendo co 'saber' de Alana
Temos como convidados a Eloy Vidal e Antía Vázquez, de Alana, para presentar o seu segundo disco, “Un saber”. Recuperamos o Caixón de Xastre de Paco Lamilla co especial adicado ao enseñeiro musical e produtor Steve Albin, do que se cumpren dous anos do seu falecemento. No apartado de novidades escoitamos “Marañas”, a canción coa que se abre o novo disco do dúo Abril; exploramos a “Oniria popular” de Xoel López; descubrimos a colaboración de mariagrep con RUVENRUVEN, “BK4DA2624804”; e presentamos “Uno novo mundo”, de Portosanto.
Lume na palleira 26-04-2026
Lume na palleira 26-04-2026
Ofrecemos unha nova escolma musical coas propostas de: Alana, Breo, Cantometrics, Xoán Carlos Rilo, Coanhadeira, Ansuíña, Os Do Fondo Da Barra, Milesios, Os Carunchos, Brúa, Brincadeira, María López, Os Terrible De Donas, De Ninghures, Alejandro Barbosa, Sementeira De Cambre, Bouba, A Gaita De Sarandón, Maquía (Gaiteiros De Godos), Tres Pesos, Airiños De Orbazai e Ailá.
Descubrindo o Leila de Laura Jordán
Descubrindo o Leila de Laura Jordán
Neste capítulo de Ondas Indies está como convidada a viguesa Laura Jordán que, tras moitos anos subida aos escenarios, vén de estrear o seu EP "Leila". Esta semana recuperamos o Caixón de Xastre de Paco Lamilla, que nesta ocasión está adicado a Mark Sandman e a súa banda Morphine. Sempre traemos novidades musicais. Desta volta son: “Mazarocas”, de Baiuca&Mondra; “Pat a trenca”, de Triángulo de Amor Bizarro; “Tussiwaracha”, de Boyanka Kostova; e “San Sebastián”, de Javier Lago&Carla Lourdes.
Lume na palleira 19-04-2026
Lume na palleira 19-04-2026
Dúas horas de música do país cos Carecos, Mosquera Celtic Band, Pancho Álvarez, Mondra, Cristian Silva, Abraham Cupeiro, Böj, Faia, Panosedán, Mediarea, Chavellos, Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, Budiño, Paulino Da Seara, A Quenlla, Airiños Da Peneda, Ker Cuez, Caamaño&Ameixeiras, Volta E Dalle, Malvela e Treixadura.
Visitamos o Aokigahara de Nowan
Visitamos o Aokigahara de Nowan
Temos de convidado ao lugués Adrián Deirós, Nowan, que acaba de estrear o seu primeiro disco de estudio: Aokigahara ,con Ferror Records. Esta semana recuperamos o Caixón de Xastre de Paco Lamilla cunha edición especial adicada a unha data sinalada para o grunge. E nas novidades musicais escoitamos o novo de Chicharrón, de Alana e de Gume.